CAMBRE_MITIN

Alternativa Cambre celebra un mitin o domingo no campo da feira coa presenza de Ángel García Seoane

Alternativa dos Veciños celebra mitin central este domingo 19 de maio ás 19 horas no campo da feira de Cambre. Nel intervirán Raúl Varela, candidato á alcaldía de Cambre, e Ángel García Seoane, presidente de Alternativa dos Veciños.

O acto será aberto a toda a veciñanza e nel desenvolveranse as liñas programáticas de Alternativa dos Veciños en Cambre. Intervirán tanto o candidato á alcaldía, Raúl Varela, como Ángel García Seoane, presidente do partido.

Ao rematar celebrarase unha chourizada da que poderán desfrutar todas as persoas asistentes completamente de balde.

Novas relacionadas