Mitin_sada

Alternativa Sada celebra un mitin o domingo detrás da Terraza coa presenza de Ángel García Seoane

Alternativa dos Veciños celebra mitin central este domingo 19 de maio ás 12 do mediodía ao carón da Terraza. Nel intervirán María Nogareda, candidata á alcaldía, e Ángel García Seoane, presidente de Alternativa dos Veciños.

O acto será aberto a toda a veciñanza e nel desenvolveranse as liñas programáticas de Alternativa dos Veciños en Sada. Intervirán tanto a candidata á alcaldía, María Nogareda como Ángel García Seoane, presidente do partido.

Ao rematar celebrarase unha chourizada da que poderán desfrutar todas as persoas asistentes completamente de balde.

Novas relacionadas