A ministra Raquel Sánchez veu á Coruña dicir o que xa sabiamos

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A ministra Raquel Sánchez veu á Coruña dicir o que xa sabiamos

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Bótase en falta un maior coñecemento da ministra sobre a infraestrutura viaria metropolitana.

A enorme lentitude e a ineficacia do Estado á hora de planificar as obras viarias necesarias na área metropolitana coruñesa contrasta coas recentes palabras da ministra Raquel Sánchez, que ofrece receitas case máxicas para o futuro inmediato.

Por exemplo, para ampliar a avenida de Alfonso Molina di que poderá estar contratada o primeiro semestre de 2023, pero todo o mundo sabe que ao non estar o proxecto aprobado, a dinámica burocrática non permitirá cumprir esas datas.

En relación a ponte da Pasaxe, nin o cita. Xa se sabe que ata rematar as obras do cruce do Sol y Mar, en Perillo, non poderán comezar as obras do viaduto, pero si poderían ir redactando o proxecto para que unha vez que esas obras rematen, se puidera comezar con tan necesaria ampliación.

As ministras deben viaxar ao longo do territorio cun coñecemento máis exhaustivo da realidade e sobre todo vir co cartafol cheo de xestións realistas para que a cidadanía perciba que o seu traballo é eficaz, pero non foi este o caso.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!