[vc_row css=”.vc_custom_1525371413030{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O mércores celebrarase unha asemblea en Cambre para informar sobre a recalificación de solo ilegal no Seixal
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371425129{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños ten convocada para o mércores 1 de maio unha asemblea aberta a todos os cidadáns e cidadás de Cambre para informalos sobre aprobación en pleno dunha recalificación de solo ilegal . O acto terá lugar en Casa Leonardo, ás 21:00 horas, e contará coa participación de Raúl Varela Fraguío, candidato de Alternativa á alcaldía de Cambre, e de Ángel García Seoane, presidente de Alternativa dos Veciños.
O pleno do Concello de Cambre aprobou o pasado xoves 28 de marzo, cos votos favorables de Unión por Cambre, PSOE, BNG e Ciudadanos, unha reclasificación de solo rústico de 43.850 metros cadrados para reconvertelos en solo urbano, ao que se lle outorgan 25.586 metros cadrados de construción para a creación de tres centros comerciais. O acordo atenta contra a legalidade vixente que, segundo o disposto na Lei do solo 2/2016 do 10 de febreiro da Comunidade autónoma, impide recalificar solo a través de normas subsidiarias obsoletas. Con esta actuación, o solo pasaría de valer 426.248 euros a 13.156.000 euros.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]