Mera elixe o xoves os seus candidatos para as primarias nunha asemblea aberta a todos os veciños e veciñas
Alternativa dos Veciños ten convocada para o vindeiro xoves 8 de novembro, ás 20:30 horas na Casa do pobo de Mera, unha asemblea aberta para escoller as cinco persoas que representarán as parroquias de Serantes e Maianca nas eleccións primarias do 2 de febreiro. Calquera persoa que o desexe pode presentar a súa candidatura e participar na votación.
Con anterioridade xa se celebraron estas asembleas nas localidades de Dorneda, Dexo e Nós que escolleron como persoas candidatas a María José Varela, José Manuel Caridad e Gonzalo López; Rosa Méndez, Igor Pérez e Nanda Pérez; e Belén Taboada, Antonio Molinos e Óscar Brandariz respectivamente. Para escoller ás 18 persoas que faltan para participar nas eleccións primarias de Alternativa dos Veciños, nas vindeiras semanas terán lugar as seguintes asembleas locais:
– Mera: xoves 8 de novembro ás 20:30 horas na casa do pobo.
– Oleiros: xoves 15 de novembro ás 20:30 horas na Casa Charry.
– Iñás: luns 26 de novembro ás 20:30 horas na casa do pobo.
– Liáns: mércores 28 de novembro ás 20:30 horas nas Torres de Santa Cruz.
– Perillo: venres 30 de novembro ás 20:30 horas na Casa da Cultura.