Menos incidentes nas praias: máis autocontrol das persoas

O dispositivo estival de seguridade costeira, un exemplo da boa xestión municipal

A cidadanía é cada vez máis consciente dos perigos que pode supoñer o mar, xa que as irresponsabilidades á hora de utilizar os areais e a costa cada vez son menores, a xulgar polos resultados da campaña de praias de Oleiros. Rexistráronse bastante menos incidentes que no ano anterior, aínda que a presión turística foi maior, en xeral en todo o país.

O dispositivo de seguridade marítima é complementario a outros como o 112 ou os de rescate no mar, que poden solicitar a intervención dos socorristas en espazos de costa que non son praias. En canto a estas últimas, teñen postos de atención directa en Santa Cristina, Bastiagueiro, Santa Cruz – Naval, Mera e Espiñeiro.

Case 300 picaduras de escarapotes e 4 de medusa, ademáis de 381 pequenas feridas son un pequeno balance do acontecido durante o verán, ao que hai que engadir un traslado ao hospital e dúas insolacións. Un dispositivo que ademáis atendeu especialmente a 109 actividades de verán que diversos grupos de persoas organizados se realizaron nas praias, maiormente organizadas polo Concello e dirixidas á poboación en idade escolar.

Máis da metade dos incidentes rexistráronse con persoas de Oleiros, aproximadamente un tercio con persoas da Coruña e área metropolitana e o resto de persoas do resto de Galicia e o exterior, o que ofrece unha idea da procedencia das persoas que utilizan as praias do municipio.

Un servizo que conta con dúas distincións de Bandeira Azul pola calidade do servizo que presta.

Comparte esta nova!