DCIM100MEDIADJI_0544.JPG

Mellorar a rede de auga ou unha vía ciclopeonil, ideas para invertir mellor o diñeiro que a Xunta quería destinar á pasarela das Xubias

Mellorar a rede de abastecemento de auga potabe aos concellos do oeste da comarca coruñesa sería un magnífico modo de invertir os 8 millóns de euros que pode costar a absurda pasarela que anunciou para conectar o despoblado litoral coruñés con Santa Cristina sobre as dunas creadas pola barra de area.

 

O presidente da Alternativa, Ángel García Seoane, tamén apuntou unha vía ciclo-peonil litoral entre Os Castros e a Pasaxe como unha posibilidade de aproveitar ese investimento autonómico: “sería imperdoable que ese diñeiro non revertise na comarca da Coruña”, dixo o alcalde de Oleiros.

 
A conexión de auga potable entre as instalacións de Emalcsa e os concellos de Sada, Bergondo, Oleiros e Sada ten que ser mellorada para optimizar o abastecemento, polo que revertir o importe desa obra nestoutra necesidade doméstica e ambiental sería moito máis sensato que esa nova ponte a tan pouca distancia da Pasaxe e de tan controvertida operatividade.
 
Estes días remataba o prazo que a Xunta deu ao Concello da Coruña para definirse sobre a pasarela, pero non consta que María Pita contestase afirmativa ou negativamente á pretensión da Xunta. Un plan que desde o primeiro momento tivo un claro tufo eleitoralista.

Novas relacionadas