Novas obras de mellora no Pazo de Arenaza
O Concello de Oleiros, previa realización das obras de reforma necesarias no edificio, cedeu no 2016 o uso do pazo de Arenaza á Deputación para a creación dun centro de traballo compartido. Na actualidade o pazo conta cunha importante actividade no eido do emprendemento e a innovación, con 22 persoas desenvolvendo a súa acitivdade laboral nas instalacións.
Nas vindeiras semanas, a Deputación vai abordar diversas obras para continuar mellorando o Pazo de Arenaza por importe de 93.500 euros. Quedarían pendentes as caballerizas e o patio, que presentan un importante deterioro no tellado.