Mellora do acceso á Igrexa e cemiterio de Paleo
O Alcalde de Carral, tras escoitar as peticións dos veciños e veciñas, impulsou á obra que facilitará o acceso a pé ata a Igrexa e cemiterio de Paleo.
A obra, realizada pola cuadrilla de obreiros do Concello, consiste na ampliación das beirarrúas en especial neses tramos onde era escasa, mellorando deste modo a seguridade peonil dos nosos veciños e veciñas que diariamente acoden a este lugar. Rogamos desculpen as molestias ocasionadas ata a finalización da mesma.