En solo municipal construiránse as 54 vivendas previstas, tras ser vendido hai días á empresa que se encargará de promover as cooperativas. A esta iniciativa pública súmanse outros 100 pisos en Xaz e Mera. En total, o número de vivendas deste réxime que se van crear proximamente en Perillo, Xaz e Mera ascenderá a 150.
As persoas de Oleiros interesadas na adquisición dunha destas propiedades aínda poden preinscribirse na web municipal (prema aquí). Posteriormente convocaráse unha asemblea informativa para aprofundar en detalles como os requisitos, prazos previstos e importes das futuras vivendas.
Para adquirir unha destas vivendas é preciso participar nunha cooperativa. A empresa impulsora deste xeito de propiedade xa ten un acordo cunha entidade bancaria para facilitar o crédito ás persoas interesadas en formar parte da iniciativa.
O Concello vendeu tres parcelas –para 54 destes pisos- por 1,4 millóns de euros. Próximamente formalizarase a venda doutra parcela pública en Mera. No caso de Xaz, a empresa que formará as cooperativas adquirirá o solo para a cooperativa a unha entidade privada.
En palabras do alcalde, Ángel García Seoane, “É unha gran noticia para todas aquelas persoas que aspiran a ter unha vivenda, neste momento tan complicado, no que tanto se fala de vivenda e ante o que nin Xunta nin Estado fan nada efectivo por resolver un grave problema a nivel estatal”.
A xestión urbanística da Alternativa no Concello de Oleiros fai posible a construción deste tipo de vivendas ao marxe do mercado, xa que non están sometidas á especulación como as de promoción libre.
O solo vendido polo concello foi acadado gratuitamente polmunicipio, que garante un crecemento ordenado e sostible do territorio. Desta maneira, ademais de facilitar a construción de vivendas a prezos inferiores aos de mercado para familias de Oleiros, o Concello obtén recursos económicos para mellorar os servizos públicos e realizar novas obras.