A conexión do paseo da ría nos dous treitos interruptus será asumida polo Ministerio de Transición Ecolóxica, tal como confirmou hoxe en Oleiros o secretario de estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, que visitou a zona acompañado polo alcalde, Ángel García Seoane, e o concelleiro de Obras Públicas, Antonio Molinos.
O paseo quedou incompleto tras o remate da obra de saneamento integral da ría. Na conexión co paseo de Cambre faltan uns 600 m lineais, e entre Beiramar e O Paraíso outros 200. Con estas intervencións, o interior da ría quedará totalmente comunicada cunha ampla avenida peonil e ciclista entre as duas marxes da ponte da Pasaxe e a ponte do Burgo. Un paseo que se prolonga ao longo da costa de Oleiros e que para chegar ao límite de Sada só restan uns 2,5 km sobre os cantís de Dorneda.
Precisamente perto de alí, en Santa Cruz, Morán visitou tamén a pasarela do castelo de Santa Cruz, que tamén precisa unha reparación, e a conexión entre o paseo marítimo e o parque de Galeras, que actualmente repara o Concello.