Marcas de bebidas en toldos: fixarse na palla, deixar o gran

A típica solución progre: prohibir algo irrelevante para que se vexa, pero deixando liberdade para todo o importante

Estes días estase a falar da nova lei que prohibirá o anuncio de bebidas en toldos e mobiliario dos locais de hostalería. Os toldos e o mobiliario non se beben. O consumidor cando vai a unha terraza xa sabe o que vai tomar.

Se se quere unha lei que protexa aos menores sobre o consumo de alcohol habería que empezar por controlar toda a publicidade que se emite por televisión, incluídos os festivais sen ningún tipo de control na venda de bebidas a menores…

Tamén os goberno do estado e as autonomías deberán investir máis recursos para educar e advertir á xuventude dos graves prexuízos que o alcohol pode provocar, ademáis de informar sobre o perigo para o ser humano que supoñen as drogas, que nos últimos anos superan os casos de alcoholemia.

As drogas non se anuncian nos toldos pero consúmense máis que moitas bebidas. Máis educación e menos prohibicións!

Comparte esta nova!