Alternativa apoia a manifestación en defensa do uso público dos terreos do porto da Coruña

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa apoia a manifestación en defensa do uso público dos terreos do porto da Coruña

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A plataforma en Defensa do Común, xunto con outras 70 entidades entre as que está Alternativa dos Veciños, ten convocada unha manifestación para que os terreos do porto da Coruña, unha vez liberados do seu actual uso, sexan destinados a equipamentos públicos e zonas verdes e non á construción de vivendas. A convocatoria é para as 12:30 horas de mañá sábado 12 de decembro, ante a Subdelegación do Goberno.

A realidade é que pasan os anos e espazos que están sen actividade portuaria non prestan servizo á cidadanía da Coruña e a comarca. Aproveitando que contan co Goberno amigo en Madrid, o Goberno local ten a obriga de rescatar, sen costo algún para as arcas municipais, os terreos do porto e crear neles novos espazos públicos. Débese eliminar o peche dos muelles e abrir aos cidadáns a posibilidade de gozar da costa, como fixeron os coruñeses durante séculos.

Alternativa dos Veciños loitará por facer realidade a recuperación e uso público dos terreos do porto, opoñéndonos a calquera proxecto que destroce a fachada da Coruña, como o edificio da Gaviota.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!