Máis seguridade viaria e espazo para as persoas en Bartolomé de las Casas

Alternativa dos Veciños continúa impulsando investimentos para mellorar a accesibilidade e a seguridade peonil, coa transformación integral dunha das principais vías de Nós.

As obras da rúa Bartolomé de las Casas avanzan a bo ritmo, facendo realidade unha actuación moi demandada pola veciñanza que permitirá contar cunha rúa máis segura, accesible e funcional. Nesta primeira fase estase a actuar no tramo comprendido entre a rotonda da Seara e a rúa da Onca, cun investimento de 992.000 euros.


Esta intervención responde á prioridade que o Goberno municipal concede á seguridade peonil e vial. A construción de novas beirarrúas, a ampliación da calzada e as obras na rede de pluviais contribuirán a mellorar a mobilidade e a calidade de vida da veciñanza, facendo que os desprazamentos a pé sexan máis cómodos e seguros.


A actuación completarase nunha segunda fase ata a rúa Armental, alcanzando un total de 1,5 quilómetros de mellora. Un investimento que reflicte o compromiso de Alternativa dos Veciños por continuar modernizando as infraestruturas do municipio e construíndo un Oleiros máis accesible, seguro e pensado para as persoas.

Comparte esta nova!