Recunchos de Cambre

Máis de 2000 visitas na iniciativa “Recunchos de Cambre”

Alternativa dos Veciños de Cambre da continuidade tralo éxito acadado coa iniciativa fotográfica a través das redes sociais do grupo político, publicando lugares especiais do municipio cada domingo.

-A idea foi amosar que na vila hai máis que a Igrexa e o paseo fluvial do Río Mero. Dende Alternativa sempre estamos a informar e reclamar as cousas a mellorar de Cambre. Pero tamén hai que lucir o que nos da orgullo- afirma o voceiro do Grupo Municipal Raúl Varela.

A veciñanza amosou boa recepción con “Recunchos de Cambre” tamén compartindo as súas fotografías coa iniciativa. Todas aquelas persoas interesadas en seguir participando poderán seguir enviando as súas fotografías a través do correo electrónico cambre@alternativadosvecinos.org ou a través das redes sociais do grupo municipal.

Novas relacionadas