Máis coordinación, mellores festas

Alternativa solicitou na Xunta de Goberno maior coordinación do Concello coas comisións de festas para garantir unha correcta organización e desenvolvemento dos eventos que se celebran no municipio.

A petición xorde tras as queixas veciñais recibidas polo estado no que amenceu o centro da vila na mañá do domingo, despois da Festa da Xente Nova.

Alternativa considera necesario revisar os mecanismos de control e supervisión municipal para garantir unha mellor planificación, respostas áxiles ante as posibles incidencias, facilitar o traballo que fan as asociacións (ou comisións de festas) e un coidado adecuado dos espazos públicos.

Comparte esta nova!