Maior seguridade viaria no Temple

Alternativa volve a insistir neste punto trasladando ao goberno municipal as queixas veciñáis recollidas en torno á Rúa Abeleira e na Travesía da Igrexa.

O goberno comprometeuse a atender ambas demandas, no caso da Travesía da Igrexa a facer un repintado do paso de peóns, mentres que na Rúa Abeleira se solicitou unha solución maís definitiva para as fochancas parcheadas.

Dende Alternativa advirten que o deterioro dos “parcheos” se está a repetir en distintos puntos do municipio e defende a necesidade de programar para a época estival actuacións máis duradeiras que permitan afrontar con maiores garantías os efectos do inverno na rede viaria.

Comparte esta nova!