Madeireiros, sen licenza municipal, arrasan o Monumento Natural da Costa de Dexo e Serantes

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Madeireiros, sen licenza municipal, arrasan o Monumento Natural da Costa de Dexo e Serantes e destrozan os camiños públicos

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O Monumento Natural da Costa de Dexo e Serantes está sendo arrasado por madeireiros que non contan coa autorización municipal precisa para realizar talas de árbores. O Plan Xeral do Concello estipula como poden facerse os aproveitamentos madeirísticos dos montes e determina os espazos que se atopan protexidos.

Algúns dos madeireiros están a alegar que contan coa autorización da Xunta de Galicia e que non teñen que pedirlle permiso ao Concello. O Goberno municipal advirte a este tipo de depredadores do medio ambiente que non poderán utilizar a rede de camiños municipais nin sacar madeira sen as licenzas e os avais correspondentes.

A Policía Local vai identificar a todas aquelas persoas que se atopen nos montes realizando talas. Dáse a circunstancia que en moitos casos, os propios traballadores, tampouco contan cos contratos laborais pertinentes.

Ante a gravidade dos feitos, o Concello de Oleiros vai abrir os correspondentes expedientes sancionadores por talas ilegais e danos de camiños públicos. No caso de que estas actuacións continúen, trasladarase de inmediato o asunto á Fiscalía.

“Aquí hai orde. Eu non vou permitir que isto sexa un páramo para que delincuentes arrasen o noso municipio e deixen as localidades feitas un asco. Non o vou permitir”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!