Luz verde ao Plan Especial do Río Maior

O plan saíu adiante con 11 votos favorables dos grupos Alternativa dos Veciños, PSOE, PP, e 2 votos en contra do BNG.

O pleno aprobou definitivamente o Plan Especial do Río Maior, un proxecto de gran relevancia con impacto especialmente favorecedor para a parroquia de Lubre.

Este plan fará posible a construcción da rede de saneamento en Lubre, a creación dunha senda fluvial e a implementación de medidas para reducir o risco de inundacións e recuperación ecolóxica.

Co proxecto aprobado definitivamente o Concello continuará coas seguintes fases: o proceso de expropiación dos terreos necesarios, a redacción do proxecto construtivo e, posteriormente, a licitación de todas as obras.

Comparte esta nova!