Luces e sombras na reurbanización da Rúa Alcalde Domingo Sierra

Alternativa solicitou no pleno explicacións sobre si a obra de reurbanización da Rúa Alcalde Domingo Sierra estaba ou non recepcionada polo Concello, ante as numerosas deficiencias técnicas sinaladas pola veciñanza e que, segundo o grupo, non se axustan ao proxecto inicial. A máis chamativa e que no aparcadoiro non se realizou o asfaltado do firme.

O goberno municipal confirmou que a obra xa foi recepecionada e explicou que, durante a execución, se comprobou que parte do terreo do do aparcadoiro era propiedade da Xunta de Galicia, polo que non se obtivo a autorización necesaria en prazo. Esta cirscunstancia levou a Alternativa a preguntar polo destino da partida orzamentaria prevista para esta actuación, sen recibir resposta.

Segundo o executivo a modificación figura no expediente, pero non concretou o destino final dos fondos inicialmente asignados ao aparcadoiro, senón que remitiu ao grupo a revisar o expediente.

Alternativa cuestiona este modo de xestión, sinalando que unha obra de 532.241euros debería contar cunha planificación exahustiva e cunha fiscalización rigorosa para evitar situacións como esta.

Comparte esta nova!