Lógrase o compromiso do goberno municipal para mellorar a seguridade viaria de Alvedro

Alternativa traballará conxuntamente para que a proposta poida ver a luz neste mandato.

Foi aprobada por unaminidade da corporación a moción presentada por Alternativa, na que se demandaba unha análise da sinistralidade da estrada N-550 ao seu paso por Alvedro para implantar medidas específicas de seguridade viaria.

Grazas á inicitativa do grupo municipal de AV, o alcalde comprometeuse a integrar dita actuación dentro dun proxecto máis amplo de mellora para a zona, que incluirá tamén a reconstrución das beirarrúas e a humanización da contorna da N-550, solicitada tamén desde Alternativa.

Thais Palla, voceira de Alternativa dos Veciños Culleredo, celebrou o apoio unánime da corporación e instou ao goberno municipal a traballar de maneira conxunta para que este proxecto poida ver a luz neste mandato.

Comparte esta nova!