gosende

A Deputación da Coruña licita a obra de mellora da estrada que conecta Castelo con Andeiro cun importe base de 351.731,14 euros

Iníciase a licitación da obra de mellora da capa de rodadura na DP 1708 que une Castelo con Andeiro e no ramal a Gosende. 

O proxecto de obra inclúe as seguintes actuacións na estrada: apertura e limpeza das cunetas, reposición das zonas deterioradas e extensión dunha nova capa de rodadura. Tamén se pintará de novo a señalización horizontal para garantir a seguridade da vía. O orzamento proxectado polos técnicos da obra é de 351.731,14 euros máis IVE (425.594,68 euros.)

Novas relacionadas