A contratación a conexión da vía Ártabra coa AP-9
A obra de conexión da vía Ártabra coa Autoestrada do Atlántico comezará nos vindeiros meses. A actuación realizarase en dúas fases e terá un custo total de 35 millóns de euros.
O primeiro tramo que se vai tratar, de 2,7 quilómetros, vai desde a N-VI ata a estrada que conecta San Pedro de Nós con Mabegondo. Posteriormente, executarase unha segunda fase na que se realizará o enlace coa autoestrada.
Incomprensiblemente, o Ministerio de Fomento aínda non deu o visto bo á conexión da vía Ártabra coa AP-9. Audasa, que reclama un terceiro carril na AP-9 desde Cambre ata A Coruña, conta coa conivencia do Ministerio e da Delegación do Goberno, que provocaron un incomprensible retraso na contratación desta importante obra para a mobilidade da comarca da Coruña.
“Esta é unha noticia boísima e importantísima para a comarca da Coruña. Levamos anos loitando e por fin a Xunta vai tirar para adiante, malia os boicots do alcalde de Cambre e do seu Goberno, que por intereses particulares pretendían paralizar esta actuación que beneficiará a milleiros de cidadáns de toda a comarca e tamén de Cambre, que vai ter unha conexión directa co polígono industrial e que vai perder moitísimo tráfico da zona da Costa da Tapia, porque con esta obra vai aliviarse moitísimo a circulación da N-VI, desde o Espírito Santo ata a ponte da Pasaxe”, comentou o alcalde de Oleiros Ángel García Seoane.