avsta

Sae a licitación o proxecto para a reforma da avenida de Santa Cristina

A Deputación da Coruña sacou a contratación por 14.433,55 euros o proxecto para a reforma integral da avenida de Santa Cristina. Unha vez redactado o proxecto -3 meses-, a Deputación procederá á licitación da obra que consistirá na reurbanización total da rúa principal de Santa Cristina, incluíndo a renovación de beirarrúas, pavimentación e iluminación.

O alcalde e deputado provincial, Ángel García Seoane, acordou hai un par de meses co presidente da Deputación, Valentín González Formoso, a realización da obra de renovación completa da avenida de Santa Cristina. Por tratarse dunha vía provincial, será a Deputación a que financie integramente esta obra.

Novas relacionadas