Liáns elixe mañá os seus candidatos para as primarias nunha asemblea aberta a todos os veciños e veciñas
Alternativa dos Veciños ten convocada para mañá mércores 28 de novembro, ás 20:30 horas nas Torres de Santa Cruz, unha asemblea aberta para escoller as persoas que representarán ás localidades de Santa Cruz e Montrove nas eleccións primarias do 2 de febreiro. Calquera persoa que o desexe pode presentar a súa candidatura e participar na votación.
Con anterioridade xa se celebraron estas asembleas nas localidades de Dorneda, Dexo, Nós, Mera, Oleiros e Iñás que escolleron como persoas candidatas a María José Varela, José Manuel Caridad e Gonzalo López; Rosa Méndez, Igor Pérez e Nanda Pérez; Belén Taboada, Antonio Molinos e Óscar Brandariz; Marga Figueroa, Pablo Cibeira, María Siso, Mapi Taibo e Francisco Pita; Teresa Vázquez, Cristina Cebreiro e Noé Espantoso; e Jaime Rumbo, Óscar Deus e Pamela Vázquez respectivamente.
Ademais da de Liáns, o vindeiro venres vai celebrarse a asemblea local de Perillo. Tamén será ás 20:30 horas na Casa da Cultura.