ADVCarral 700 x 400

Javier Gestal responde ao PP e PSOE

O alcalde de Carral acalara as informacións vertidas polo PP e PSOE sobre a ausencia na primeira reunión de Sanidade.

Javier Gestal mostra o seu asomo ante as informacións vertidas por ambos grupos políticos, sobre a súa ausencia na reunión telemática mantida onte, para analizar a evolución epidemiolóxica do COVID19 na área sanitaria da Coruña. A ausencia responde, unicamente, a unha cuestión de axenda. Esa mañá, o alcalde tivo unha reunión na que tamén estivo presente Pablo Couto (concelleiro do PSOE) e que se prolongou desde as 10.00 ata as 14.00 horas.

Por outro lado, o alcalde recibiu o correo da Consellería de Sanidade o propio día da reunión ás 10.12 horas. No momento que chegou o correo electrónico o alcalde xa se encontraba reunido, sendo imposible acceder ó correo ata o remate do encontro.

O Alcalde pide aos partidos políticos que deixen de xerar alarma social de xeito innecesario. Ademais, Javier Gestal denuncia que os grupos intenten sacar “interese político” a unha situación de emerxencia sanitaria coma a que estamos a vivir.

Afortunadamente, Carral só conta con dous casos positivos ata o momento. Neste sentido o alcalde agradece aos veciños e veciñas o seu comportamento ante as medidas de seguridade e prevención, algo que inflúe, sen lugar a dúbidas, no número de casos activos no municipio.

Novas relacionadas