[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Javier Gestal estará novamente acompañado na lista electoral polos actuais concelleiros e concelleiras do Goberno municipal
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O alcalde de Carral, Javier Gestal, volverá presentarse ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio para continuar a transformación iniciada no municipio por Alternativa dos Veciños. O obxectivo é acadar unha maioría absoluta que permita gobernar coa garantía e serenidade de poder levar adiante os proxectos que necesita o municipio.
Javier Gestal estará novamente acompañado na lista electoral polos actuais concelleiros e concelleiras do Goberno municipal, con demostrada capacidade de xestión, así como por outras persoas de destacada valía e compromiso co seu pobo. Para abrir definitivamente un futuro de oportunidades e progreso en Carral é necesario desenvolver unha planificación que garanta un crecemento ordenado e enfrontar con determinación os importantes retos que se presentan.
Urxe a construción dunha nova depuradora de augas residuais e a creación de redes de sumidoiros nas distintas parroquias, é necesario mellorar a seguridade peonil con sendas e beirarrúas, tamén resulta determinante aprobar definitivamente o Plan Xeral de urbanismo, así como buscar unha solución ás decenas de pisos que están paralizados en mans da SAREB no centro da vila, que en parte deberíanse dedicar a vivendas de protección pública.
O Goberno municipal está a cumprir os compromisos adquiridos coa cidadanía na pasada campaña. Alternativa dos Veciños saneou as arcas dun Concello hipotecado e fortemente endebedado, regularizouse e mellorouse a prestación do servizo de axuda no fogar que atende a persoas maiores e dependentes, desenvolveuse unha intensa actividade cultural, deportiva e social e solucionáronse numerosos problemas enquistados durante anos, como sucedeu coa parcelaria de San Vicente de Vigo.
A política de Alternativa dos Veciños continuará baseada na proximidade e no contacto directo e permanente cos veciños e veciñas, que teñen as portas da Casa do Concello abertas de par en par e que son informados e escoitados de maneira periódica en asembleas abertas que se celebran por todas as parroquias.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]