Ante a insistencia de Alternativa, o Goberno central anuncia que a súa primeira licitación será a de Sol y Mar

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Ante a insistencia de Alternativa, o Goberno central anuncia que a súa primeira licitación será a de Sol y Mar

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada de Azpiazu, anunciou esta mañá no transcurso do acto de inauguración das pasarelas peonís da N-VI en Perillo, que a primeira obra que vai contratar o Goberno central será a do túnel de Sol y Mar. Losada destacou a importancia que tiveron as reivindicacións do alcalde para que o Goberno central inicia esta licitación antes de que finalice o ano, ou no peor dos casos ao longo do mes de xaneiro.

“Despois de anos loitando e sendo constantes nesta batalla, como recoñecía hoxe o propio Delegado do Goberno, por fin logramos que se inicie a contratación desta obra tan necesaria para milleiros de cidadáns. O proceso de licitación é longo, pero unha vez quede aprobado no Consello de Ministros e se publique na plataforma do Estado xa non vai haber marcha atrás, polo que no mes de setembro poderíamos asistir ao inicio da obra. Que gran noticia para a comarca da Coruña e, en especial, para o Concello de Oleiros”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

García Seoane acampou o pasado 13 de novembro no cruce de Sol y Mar para demandar ao Ministerio de Fomento a contratación desta obra e outras que levan anos esquecidas polo distintos Gobernos de Madrid. Desde o ano 2006, o Concello de Oleiros está a reclamar esta actuación ao Ministerio de Fomento para que se constrúa un túnel e unha rotonda na superficie para axilizar o tráfico neste punto dunha das estradas de máis tráfico de toda Galicia.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!