Un gran recinto multifuncional con posibilidades de convertirse en auditorio, centro de convencións ou de feiras, para eventos de distintos aforos, comeza o sábado 27 a construirse en Bastiagueiro, en plena zona deportiva.
Precisamente ás 12:30 horas terá lugar un acto público de colocación da primeira pedra no que participarán representantes do mundo cultural e recreativo do municipio e se enterrará un cofre con distintos documentos de uso habitual, ademáis de publicacións do día.
Alternativa dos Veciños responde así á necesidade municipal de contar cun recinto multifuncional de maior tamaño que os actuais teatros dos que dispón o concello, ou as casas do pobo.