José Mujica, o que fora presidente de Uruguai e unha das incuestionables figuras da esquerda universal, entrará con toda a honra no nomenclátor de Oleiros e quedará vencellado a unha paisaxe urbana das máis suxestivas do Concello: o paseo da ría que une a ponte da Pasaxe co límite co municipio de Cambre.
O paseo será nomeado nun acto no que participarán o embaixador de Uruguai en España, Bernardo Greiver, a senadora do Frente Amplio Blanca Rodríguez e o alcalde de Oleiros e presidente da Alternativa, Ángel García Seoane. A cita é o sábado, 17 de outubro, a mediodía no Parque do Paraíso (Rúa Rosa Parks, tras as naves de Louzao da Av. das Mariñas).
Funcionalmente este paseo constitúe un novo itinerario ciclopeonil paralelo á NVI (Avenida das Mariñas) que pasará a formar parte do paseo marítimo da ría. Facilitará ademáis o acceso por medios naturais das veciñas e veciños que viven na cidade supramunicipal do fondo da ría (O Graxal, O Burgo, A Barcala, Nós) a unha das praias máis atractivas da comarca: Santa Cristina.
Pero ademáis do sistema de mobilidade está o universo simbólico que trae aparellada a decisión de nomear este treito do paseo en honra de José Mujica, a persoa que dignificou a política do seu país e deu un exemplo ao mundo de valores como o humanismo, a igualdade, a solidariedade, os dereitos e a resiliencia ante os ataques da dereita e o imperialismo forxaron unha figura que desborda os límites da República Oriental do Uruguai para convertirse nunha figura universal de louvanza unánime.
José Mujica (1935), presidente do Uruguai entre 2010 e 2015, consolidouse como unha icona global do humanismo progresista grazas a unha traxectoria marcada pola austeridade, a coherencia ética e unha profunda reflexión sobre a condición humana. O seu paso pola guerrilla dos Tupamaros e os preto de 13 anos que pasou encarcerado —gran parte en condicións extremas durante a ditadura militar— moldearon unha visión política pragmática, afastada dos dogmatismos e inspirada no diálogo e a reconciliación.