Inaugúrase a nova sede do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil

[vc_row css=”.vc_custom_1525371413030{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Inaugúrase a nova sede do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371425129{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A nova sede do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil do Concello de Oleiros foi inaugurada esta mañá nun acto que contou coa presenza dun cento de veciños e veciñas. A obra de adecuación deste espazo, que ten o dobre de superficie da instalación que usaba este servizo ata o de agora, tivo un custo de 278.905 euros. 

Antes do descubrimento da placa, que realizou a primeira tenente de alcalde e concelleira de Seguridade Cidadá María José Varela Neira, o alcalde dirixiuse aos asistentes. Durante a súa intervención, Ángel García Seoane destacou a importancia deste novo equipamento municipal que permite mellorar un servizo público imprescindible como é o da atención das emerxencias e accidentes que se producen en Oleiros.

“Temos un servizo de emerxencias moi bo, dos mellores de Galicia. Nos accidentes de tráfico son os primeiros en chegar, atenden incendios,… Necesitábamos un lugar máis amplo e que estivera ben situado para chegar rapidamente a calquera punto de Oleiros”, comentou o alcalde.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!