Inaugurado o Campo deportivo municipal A Marola

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Inaugurado o Campo deportivo municipal A Marola

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

“A pesar de todos os paus nas rodas que nos puxeron desde hai 12 anos que empezamos a facer xestións para construir este campo de fútbol, aquí estamos, celebrando un día histórico”. Un espazo deportivo que leva un nome absolutamente identificado co norte do municipio: A Marola.

Así se referiu o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, ao proceloso camiño burocrático que fixo posible esta obra inaugurada o sábado ás 17 horas, uns minutos antes de dar comezo varios partidos entre as equipas xuvenís dos clubs de Oleiros.

García Seoane referiuse ás primeiras conversas co presidente do Marino de Mera Fernando García sobre a necesidade de dotar ao norte do municipio dun campo no que practicar este deporte coa calidade e a comodidade necesarias. Era o ano 2010. Sete anos máis tarde conseguíanse os terreos a través de permutas por parcelas en dúas urbanizacións de Mera valoradas en máis de 3 millóns de euros. A partir de aí comezaron os traballos de proxecto e a execución da obra en dúas fases, xa que pola envergadura do proxecto foi preciso dividila en dúas anualidades.

Ante os veciños e veciñas o alcalde dixo que o importante para que saian as obras adiante é a valentía e non deixarse influír polos atrancos que directa ou indirectamente pon a oposición ante calquera iniciativa para mellorar a calidade dos servizos ou equipamentos municipais.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!