Inaugurada a oitava biblioteca pública de Oleiros

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Inaugurada a oitava biblioteca pública de Oleiros

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Esta mañá foi inaugurada a biblioteca e centro de documentación medio ambiental creado nas antigas cortes do Pazo de Lóngora. A obra realizada polo Concello, foi financiada integramente pola Fundación Amancio Ortega con 260.000 euros. Este novo espazo cultural público conta con máis de 27.000 recursos bibliográficos sobre educación ambiental e medio ambiente que están a disposición de estudantes, investigadores/as e toda a cidadanía interesada.

Durante a súa intervención, o alcalde repasou o proceso de creación deste fondo bibliográfico, iniciado polo Concello de Oleiros na década dos 80 desde a Casa da Xuventude. Posteriormente, coa adquisición do Castelo de Santa Cruz e a constitución do CEIDA foron incrementándose os libros. Ata o momento atopábanse nunha sala do castelo, pero non nunha biblioteca como a creada agora para un óptimo coñecemento e divulgación nun marco inmellorable como o Pazo de Lóngora, propiedade municipal cedida á Universidade da Coruña para Instituto do Medio Ambiente.

No acto tamén interveu o vicepresidente da Fundación Amancio Ortega, José Arnau, que destacou a importancia do mecenado de iniciativas como esta dirixidas á educación e coa que tamén se promove a conservación do patrimonio histórico. Pola súa parte, o reitor da Universidade, Julio Abalde, destacou a importancia deste fondo bibliográfica e a firme aposta da Universidade pola investigación no ámbito do medio ambiente.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!