[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
mestres e mestras son imprescendibles na nosa sociedade para a educación, a cultura e, por conseguinte, para a consolidación da democracia
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Este mediodía procedeuse á inauguración da escultura tallada en pedra coa que o Concello de Oleiros homenaxeará de xeito permanente o transcendental papel que teñen mestres e mestras na nosa sociedade para a educación, a cultura e, por conseguinte, para a consolidación da democracia. O acto contou coa participación de decenas de veciños, profesores, o escultor creador da obra Fernando Escudero e o Goberno municipal, co alcalde Ángel García Seoane ao fronte.
Durante a súa intervención, o alcalde eloxiou a vocación da inmensa maioría de profesores e profesoras de Oleiros e de todo o país, imprescindibles no proceso de formación de xeracións de persoas cultas, libres e tolerantes. Entre outras cousas, fixo referencia tamén ao abominable modelo nacional católico do franquismo, tremendamente dañino para o conxunto da sociedade, e especialmente para os nenos e nenas que o sufriron. Ademais destacou a forte aposta polo ensino público realizada por parte de Alternativa dos Veciños desde o inicio da democracia, pasando de contar cun único centro de ensino a dispoñer de 4 escolas infantís, 5 colexios e 3 institutos.
A estatua está situada en Mera, na nova urbanización próxima a Pinar del Río, na confluencia entre a rúa das Escolas e a rúa Eduardo Galeano.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]