ss

O sábado celébrase o acto de inauguración da praza Emilio Siso, en Maianca

O próximo sábado 28 de agosto, ás 12:30 horas, terá lugar o acto de inauguración da praza Emilio Siso. Será en Cabreira, na rúa Río do Campo.

O Concello dedicará desta maneira unha praza a Emilio Siso Vecino, veciño da parroquia de Maianca que no seu día se formou como canteiro no Centro Municipal de Formación Isaac Díaz Pardo e que acabou sendo un grande artista na talla da pedra. Siso realizou gratuitamente para o Concello diversas obras esculpidas en pedra que adornan moitos lugares públicos de Oleiros: fonte e escalinata da igrexa de Liáns, as fontes e bancos da entrada da Casa do Concello, o monumento a Rigoberta Menchú, as fontes de Canabal e da Barreira, a perla na fronte de Mera,… Ademais da súa obra, foi mestre no taller de cantería durante moitos anos ata que se trasladou a Asturias por asuntos persoais.

Persoas como Emilio Siso, que dedicou o seu tempo e a súa arte a engalanar espazos públicos do Concello, merecen ser recoñecidos e conservados na memoria dos veciños e veciñas de Oleiros.

Novas relacionadas