inas-casa-cultura

Iñás elixe mañá os seus candidatos para as primarias nunha asemblea aberta a todos os veciños e veciñas

Alternativa dos Veciños ten convocada para mañá luns 26 de novembro, ás 20:30 horas na Casa do pobo de Iñás, unha asemblea aberta para escoller as tres persoas que representarán á localidade nas eleccións primarias do 2 de febreiro. Calquera persoa que o desexe pode presentar a súa candidatura e participar na votación. 

Con anterioridade xa se celebraron estas asembleas nas localidades de Dorneda, Dexo, Nós, Mera e Oleiros que escolleron como persoas candidatas a María José Varela, José Manuel Caridad e Gonzalo López; Rosa Méndez, Igor Pérez e Nanda Pérez; Belén Taboada, Antonio Molinos e Óscar Brandariz; Marga Figueroa, Pablo Cibeira, María Siso, Mapi Taibo e Francisco Pita; e Teresa Vázquez, Cristina Cebreiro e Noé Espantoso respectivamente.

Ademais da de Iñás, a vindeira semana van celebrarse as seguintes asembleas locais:

–        Liáns: mércores 28 de novembro ás 20:30 horas nas Torres de Santa Cruz.

–        Perillo: venres 30 de novembro ás 20:30 horas na Casa da Cultura.

Novas relacionadas