Igor Pérez incorpórase como novo concelleiro da Alternativa en Oleiros

Unha persoa comprometida coa veciñanza e vencellada á cultura local

Igor Pérez xa é novo concelleiro da Alternativa en Olerios. Tomou posesión para substituir a Jaime Rumbo, que deixou o cargo por motivos persoais. Prometeu o cargo ante os seus compañeiros de Corporación o pasado xoves.

Pérez é moi coñecido sobre todo en ambientes artísticos de Oleiros onde participa sobre todo en eventos relacionados coa música. A súa afección ao canto faino tomar parte en múltiples eventos. Ademáis é un traballador incansable e animoso, sempre vencellado ao movemento veciñal e cultural do seu concello.

Comparte esta nova!