Saímos dun pleno extraordinario convocado un luns ás nove da mañá, cunha convocatoria recibida o venres ás doce do mediodía; imposibilitando a notificacións aos postos de traballo e poder reorganizar as nosas axendas con tempo suficiente para asistir en condicións adecuadas, ademais de non dispoñer da marxe necesaria para analizar o expediente e poder resolver as dúbidas sobre os problemas que presentaba.
O mesmo luns marcouse unha Xunta de Portavoces as 12:30 que logo modificaron para as 11:30 e na cal, para nada se mencionou nin unha soa palabra do que acababa de suceder no pleno anterior, e donde se nos deu traslado únicamente das tres mocións do PP, de dúas do BNG e 1 de Alternativa, polo que entendemos que o Goberno non levaría nada máis ao pleno ordinario.
A pesar do noso voto en contra e ás nosas advertencias que xa son reiteradas desde o últimos dous anos de forma continuada, e sempre fundamentadas na falta de conciliación, diálogo e transparencia por parte do Goberno, e coa esperanza de que o Goberno Municipal se comprometera a non volver convocar pleno ou reunións sen coordinar as horas co resto das persoas que conformamos os órganos deste Concello , novamente o mércores día 22 ás 11 da mañá nos remiten email para unha reunión o venres as 12:30 h, sen que se nos consulte ou pacte un horario e día adecuados para abordar a reunión ou o tema.
Indicar a veciñanza que únicamente se poden xustificar, polas persoas que non temos adicación ao concello, a convocatoria de órganos oficiais (plenos e comisións informativas) o resto de convocatorias de mesas, consellos ou reunións teñen que ir a conta do nosa vida persoal e fora das xornadas laborais. E o Goberno a sabendas, en lugar de coordinar connosco, sigue impoñendo dias e horas dentro de xornadas laborais. O que evidencia a súa estratéxia de que non participemos, pero pola contra recrimina a nosa orientación do voto.
Pois reiteramos ao Goberno o que xa expresamos no Pleno e o que levamos dicindo durante os últimos dous anos: é imprescindible establecer canles de diálogo, conciliación e respecto mutuo