Homenaxe permanente a Isaac Díaz Pardo cun museo-memorial no Castelo de Santa Cruz

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Homenaxe permanente a Isaac Díaz Pardo cun museo-memorial no Castelo de Santa Cruz

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Con motivo do centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo, o Concello de Oleiros homenaxea e ensalza a súa persoa e a súa obra no Castelo de Santa Cruz coa obra ENSAMBLEISAAC. A memoria de Díaz Pardo permanecerá de maneira permanente en Oleiros, nun dos lugares máis senlleiros e visitados do municipio.

Esta tarde tivo lugar a presentación do museo-memorial. Trátase dun conxunto de obras artísticas que constitúen unha homenaxe permanente a Isaac Díaz Pardo e que quedará incluída nun libro tamén titulado ENSAMBLEISAAC.

O Memorial Ensambleisaac é unha obra artística de Pacodíaz que combina unha escultura construída e deseñada en base a pezas ensambladas dos oleiros e ceramistas galegos máis relevantes. Esta exposición permanente tamén conta con obras literarias, pictóricas, fotográficas e musicais que fan referencia á figura de Díaz Pardo. Ademais, hoxe estreouse unha obra musical inédita, arranxo de Juan Durán.

No acto participaron importantes personalidades da política, da cultura e das letras do país e contou coas intervencións de Paco Díaz; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes; acedémicos como Ramón Villares, Fina Casalderrey Fraga e Marilar J. Aleixandre; escritores e escritoras como Ana Acuña Trabazo, Siro López Lorenzo, Antía Otero Rodríguez, Adela Figueroa Panisse, Claudio Rodríguez Fer; e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane. En todos os casos destacaron a relevancia de Isaac Díaz Pardo, como unhas das figuras galegas máis importantes do século XX.

Durante o seu discurso, o alcalde explicou os numerosos motivos que xustifican que Oleiros acolla este museo-memorial. “Isaac sempre estaba disposto a acudir ás nosas chamadas. Durante máis de tres décadas, apoiounos coa súa presenza nos nosos actos políticos, en inauguracións, en campañas internacionais en defensa da independencia dos pobos e dos dereitos humanos,… colaborou en publicacións municipais, fixo posible a instalación en Oleiros do monumento aos emigrantes e exiliados, orientounos na apertura do Centro Municipal de Formación…”, dixo. García Seoane lembrou a importancia da súa figura, do lugar escollido para manter viva a súa memoria e agradeceu a participación de todos os artistas, escritores e políticos que participaron na creación desta obra.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!