inauguracion-avos

A homenaxe ás avoas e avos reúne a un cento de veciños no paseo marítimo de Santa Cristina

Máis dun cento de veciños e veciñas participaron esta mañá no acto de inauguración  da escultura en bronce coa que o Concello de Oleiros pretende homenaxear aos avós e ás avoas. O monumento quedou instalado no paseo da ría, en Perillo, á altura da entrada do parque José Martí.

O alcalde, Ángel García Seoane, destacou durante a súa intervención a importancia dos avós e das avoas nas familias por todo canto aportan e aportaron en todos os sentidos destacando especialmente o seu papel durante a crise como sostén de moitas unidades familiares. Unha avoa que presenciaba o acto foi a encargada de descubrir a placa conmemorativa da inauguración na que reza a seguinte mensaxe:

Novas relacionadas