O Graxal non necesita máis cemento

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Graxal non necesita máis cemento

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O alcalde de Cambre está empeñado en infrinxir a lei do solo de Galicia 2/2016 que obriga aos concellos que tiñan normas subsidiarias á realización dun Plan Xeral.

O 6 de marzo a Xunta de Galicia informou negativamente o documento presentado polo Goberno municipal de Cambre para a tramitación do Plan Xeral, onde se recalificaban diversos terreos que non foron aceptados. É o caso do que se pretende realizar nas inmediacións do Graxal, lindando coa Nacional V-I, nos terreos das Casas Bailly, en estado de ruína total.

A Xunta de Galicia tamén denuncia o exceso de volume edificatorio, non respectando a normativa medioambiental, a de ocupación do territorio ou a de protección patrimonial.

O anuncio da firma dun convenio con propietarios destas fincas rústicas colindantes dos terreos das Casas Bailly, dispón de novo ao Concello de Cambre á modificación puntual das normas subsidarias, para recalificar os terreos.
Alternativa dos Veciños insiste en recordarlle ao alcalde e ao Goberno que as normas subsidiarias están obsoletas para recalificar terreos, isto solo se pode facer a través dun Plan Xeral. Non é posible realizar usos especulativos nun entorno como O Graxal e O Temple, carente de zonas verdes, espazos para o ocio e o deporte. O Graxal non necesita máis cemento. Alternativa dos Veciños solicitará ao Concello unha copia do documento negociado entre o alcalde e os promotores.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!