CM

O Goberno de Oleiros reclama que o Sergas cubra as vacacións de pediatría no municipio

O Concello de Oleiros vai dirixirse á Consellería de Sanidade para denunciar que non se están a cubrir as vacacións dos pediatras que prestan servizo nos centros de saúde do municipio. Así é que, por exemplo, no Centro de Saúde de Santa Cruz só se está a prestar atención médica aos nenos e nenas durante media xornada, sen que o Sergas cubra o resto das horas, causando tamén un grande malestar entre os propios profesionais que non poden traballar axeitadamente.

Máis grave aínda é o caso de Mera, onde se presta servizo médico a toda a zona norte do concello. Os nenos e nenas de Maianca, Serantes e Dexo só teñen servizo de pediatría 4 horas semanais, que tamén queda sen cubrir durante baixas e vacacións; o que provoca a sobrecarga dos centros médicos de Santa Cruz e Perillo ao ter que atender a estes nenos e nenas.

Novas relacionadas