[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O Goberno municipal de Oleiros aprobará 23 obras valoradas en 4,8 millóns
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños aprobará no próximo pleno do 24 de xullo 23 obras e servizos que teñen un custo de 4.829.232 euros. Parte da financiación deste proxectos procede dos 3,8 millóns de superávit cos que conta o Concello de Oleiros do exercicio anterior.
As obras comezarían a realizarse a partir do mes de setembro e serán as seguintes:
– Expropiación edificacións na ZV-10 (Parque litoral de Bastiagueiro Pequeno): 1.000.000 euros
– Primeira fase do campo de fútbol de Mera: 939.011,50 euros
– Proxecto básico e execución da remodelación do Pavillón da Rabadeira: 446.595,09 euros
– Construción dunha pista de patinaxe de velocidade en Bastiagueiro: 430.419,71 euros
– Substitución do pavimento de madeira do paseo marítimo da ría entre A Fábrica e Agramar: 415.455,24 euros
– Nova rede de abastecemento de auga na Avenida Francisca Herrera: 394.361,18 euros
– Mellora das infraestruturas viarias do Polígono industrial de Iñás: 167.421,81 euros
– Humanización e mellora da rúa do Repicho: 161.898,48 euros
– Control de calidade dos investimentos financieiramente sostibles: 160.986,89 euros
– Pavimentación da praza da Lagoa de Mera: 110.775,74 euros
– Pavimentación da rúa Uxío Novo Neyra: 109.765,65 euros
– Glorieta do centro de Santa Cruz: 90.516,88 euros
– Renovación da cuberta do Centro Municipal de Formación: 67.976,46 euros
– Reparación de superficies da pista de skate Bastiagueiro: 47.936,07 euros
– Coordinación de seguridade e saúde: 46.990,46 euros
– Peche do circuíto da rede de abastecemento de auga na rúa Golfiño: 44.423,95 euros
– Mellora da eficiencia enerxética en instalacións deportivas municipais (pavillóns de Canide e Valle Inclán): 39.995,17 euros
– Canalización da rede de comunicación e baixa tensión na rúa Fieitos: 34.983,80 euros
– Reparación de xuntas, ancoraxes e superficies da praza Esther Pita: 28.653,54 euros
– Instalación eléctrica na Finca Tenreiro: 28.525,88 euros
– Adquisición dunha furgoneta para a policía local: 28.000 euros
– Mellora da seguridade viaria nun tramo da rúa Bartolomé das Casas: 27.626,39 euros[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]