O Goberno local sempre bota balóns fóra
En contestación as declaracións en prensa do goberno local respecto á humanización no Temple e o convenio cos seus familiares no Temple.
Dende Alternativa, recordar, que efectivamente, se trata dun convenio firmado hai 20 anos. Pero o aumento do volume da edificación é algo actual, de hoxe.
O goberno local non proxecta pero está a impulsar un centro comercial, modificando puntualmente as normas subsidiarias para a recalificación do terreo.
Política urbanística amparada nunhas normas obsoletas, en vez de impulsar o Plan de urbanismo, que si daría resposta e solucións a moitas das necesidades e problemas veciñais. Política urbanística que nunha rexeneración urbana non está a contemplar as dificultades do día a día de quen alí vive.
Efectivamente, dende Alternativa dos Veciños non estamos de acordo con tal maneira de facer política.