Vergoñentas as declaración do Goberno de Cambre sobre as contas anuais

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Vergoñentas as declaración do Goberno de Cambre sobre as contas anuais

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Sería motivo de celebración a redución da débeda do Concello de Cambre, se non fose a costa da precarización de servizos municipais e falta de investimento en xeral. Unha vez máis este Goberno manipula a opinión da veciñanza con exercicios fiscais feitos á medida das necesidades electoralistas.

Gastos en cemento, publicidade electoral e festas. Esa é a realidade das contas cambresas. Pola contra a veciñanza sofre a diario a decadencia da limpeza e mantemento viario e do patrimonio, unha vila sen beirarrúas nin xardíns, con medio concello sen rede de saneamento e unha iluminación pública antiga na súa meirande. Estas son realidades que este Goberno non atalla se non é con cartos que veñen doutras administración. Por non falar dos servizos mínimos “para sacar a foto” no servizo de axuda no fogar, a programación cultural, deportiva e para a xuventude e terceira idade. Instalacións municipais case sen uso e outras de vergoña, como son as piscinas municipais ou o complexo deportivo da Barcala. Desigualdades entre o persoal municipal, pouca previsión e falta de planificación a longo prazo é a realidade da xestión.

Desde Alternativa amosamos a nosa repulsa por este método de aforro a costa da veciñanza.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!