c

O Goberno municipal actúa sen dar explicacións aos veciños e veciñas de Culleredo

Desde o inicio desta pandemia, Alternativa dos Veciños de Culleredo sempre se brindou a colaborar e a participar co equipo de Goberno, polo ben dos veciños e veciñas de Culleredo. No pleno celebrado onte, o voceiro municipal de Alternativa dos Veciños, Eduardo Mourelle aproveitou para reiterar a necesidade de informar á oposición. “Non estamos en contra de que unha partida orzamentaria sexa empregada para gastos sociais extraordinarios derivados do COVID-19, pero o que solicitamos é claridade na distribución de dita partida”, dixo Mourelle.

Ademais, sobre a proposta de modificación dos membros da Mesa de Contratación permanente Eduardo Mourelle dixo que “o Goberno municipal, actúa en contra dos informes da secretaría do Concello, e busca informes externos para ter informes favorables. Presentan unha modificación dos Membros da Mesa de Contratación Permanente no que hai, un informe desfavorable por parte da Secretaría Xeral deste Concello. E solicitan unha segunda opinión, neste caso ao Gabinete Xurídico da Deputación Provincial da Coruña”.

Novas relacionadas