O Goberno de Cambre non explica o que pasou co rexistro do nome GALAICOI
No pleno extraordinario celebrado esta mañá en Cambre, para aclarar o sucedido co rexistro do nome GALAICOI por parte dunha empresa privada, o Goberno municipal non deu explicacións. As preguntas formuladas tanto por Alternativa dos Veciños como polos demais grupos da oposición en relación este asunto quedaron sen resposta.
Os cidadáns de Cambre quedarán sen saber que beneficios ten a empresa coa cesión gratuíta ao Concello de Cambre da marca GALAICOI. O Goberno municipal tampouco explicou por que non se toman outras medidas, por tratarse dun rexistro realizado a mala fe. O alcalde negouse a aclarar os motivos polos que non se resolveu este asunto con anterioridade, cando supostamente eran coñecedores da situación.