Diseño sin título (2)

O Goberno de Cambre non quere que o controlen

Alternativa ten que denunciar, unha vez máis, actuacións incorrectas e de dubidosa legalidade do Goberno de Cambre. O alcalde e o primeiro tenente alcalde, responsable da área de urbanismo, seguen obsesionados ante a rigorosa labor que desde Alternativa dos Veciños se está a facer para vixiar a adxudicación de contratos de obras e servizos e controlar as actuacións urbanísticas.

O Goberno municipal sacou a contratación os servizos dun avogado para denunciar o suposto acoso de Alternativa dos Veciños. Inicialmente a licitación era un procedemento negociado, pero finalmente o contrato foi adxudicado a dedo aos mesmos letrados que se presentaron ao proceso, pero que non presentaron a documentación requirida nos prazos regulamentarios. Ambos licitadores retiráronse da oferta do procedemento negociado e agora se lles adxudica directamente a dedo.

Como se pode estar empregando o Concello para defenderse dunhas denuncias políticas, cargándolle á veciñanza os custes?

Novas relacionadas