O Goberno de Alternativa inviste 2,5 millóns no Servizo de Axuda no Fogar

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Goberno municipal de Alternativa dos Veciños inviste 2,5 millóns no Servizo de Axuda no Fogar dos dous próximos anos

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros adxudicou por un importe anual de 1.283.820,00 euros e un período inicial de dous anos o contrato do Servizo de Axuda no Fogar e Comida sobre Rodas. Máis de 200 fogares do municipio reciben a diario este servizo, de calidade, imprescindible para moitas familias.

Respecto ao anterior contrato hai un incremento dun 12% no número de horas do Servizo de Axuda no Fogar tanto a través do sistema de atención á dependencia como, sobre todo, na de libre concorrencia. Tamén está previsto un incremento dun 25% no Servizo de Comida sobre Rodas.

Respecto aos servizos complementarios cos que se contempla mellorar a atención diaria están 150 servizos anuais de fisioterapia no domicilio, 150 servizos anuais de podoloxía no domicilio, 100 servizos anuais de perruquería no domicilio, 100 servizos anuais de manicura no domicilio, 75 servizos anuais de lavandería e 75 servizos anuais de taxi para acompañamento (ida e volta) a xestións fóra do termo municipal coas persoas usuarias.

Tamén contarase cun importante banco de axudas técnicas que contribuirán a mellorar o día a día tanto das persoas usuarias e das súas familias, como do traballo das auxiliares que prestan este servizo. A entidade adxudicataria tamén estará obrigada a realizar actividades formativas dirixidas ao persoal de axuda no fogar, tanto auxiliares como persoal técnico, co fin seguir na mellora continua das súas capacidades e habilidades.

O Servizo de Axuda no Fogar dá traballo a máis de 50 persoas na actualidade e agárdase que poida incrementarse con este novo contrato, que tras un período inicial de dous anos poderá incrementarse por outros 3 máis como máximo. A adxudicataria foi FEPAS, Fundación para el Estudio y la Promoción de la Acción Social.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!