Gelo: “A esquerda en España ten moito Capitán Araña e pouco xeneral”

Radio Bielorrusia Internacional entrevista ao alcalde de Oleiros

Albert Santin, xornalista de Radio Bielorrusia Internacional conversou co presidente da Alternativa nunha entrevista na que repasa a súa relación coas ideas comunistas que sempre levou por bandeira, aspirando a unha sociedade máis igualitaria en favor dos desfavorecidos.

“Sen poder non hai cambio”, dixo García Seoane cando lembra a constitución da Alternativa dos Veciños hai xa 43 anos, porque a transformación de Oleiros non podía facerse desde o movemento veciñal sen que éste conquistase democráticamente o poder.

Libia e Gadafi, así como Fidel Castro, forman parte tamén do interés do entrevistador da televisión Bielorrusa, que tamén lle pregunta por Oleiros. Podes ver a entrevista no enlace a seguir.

Comparte esta nova!